O seu marido Manuel Martínez Tato, as súas fillas, xenros, netas e netos queremos compartir, con todas aquelas persoas que a queren, o orgullo que sentimos por como CARMEN RODRÍGUEZ ÁLVAREZ foi afrontando as diferentes fases dunha enfermidade tan dura e descoñecida como é Demencia Frontotemporal. Amosounos, que estaba disposta a pór todo da súa parte para parar os síntomas.
Moitas grazas a quen estivo preto dela todos estes anos, e invitámosvos a acompañala nestes últimos momentos na sala n.º 3 do Tanatorio de Pompas Fúnebres do Baixo Miño-Guillarei, e HOXE MARTES DIA 23 DE NOVEMBRO, sairemos as CINCO E MEDIA da tarde á Capela Virxe do Camiño en Rebordáns, para facerlle o funeral de corpo presente e a continuación daráselle sepultura no cemiterio municipal de Tui.
¡Querémoste e desexamos de todo corazón que alá onde vaias sexas moi feliz!
Pésames/Condolencias: pesame@pfbaixomino.com
POMPAS FÚNEBRES DO BAIXO MIÑO-TFNO: 986 60 40 00
Rebordáns-Tui,
martes 23 de noviembre del 2021